Novidades

  • Defensa da tese de doutoramento de Noemi Basanta LLanes

    10/01/19

    O xoves 10 de xaneiro, Noemi Basanta LLanes defendeu a súa tese de doutoramento "As formas cambiaron porque o mundo cambiou": construción discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar.

  • O Caminho Português Interior de Santiago de Compostela

    10/01/19

    A investigadora Marta Negro Romero participou xunto ao profesor José Barbosa Machado (CEL - UTAD) no encontro O Caminho Português Interior de Santiago de Compostela (CPIS), que tivo lugar en Vila Real. 

  • Os idiomas do estado español. Un enfoque sociolingüístico

    24/12/18
    Pablo Sánchez Vidal, membro colaborador do ILG, publica Os idiomas do estado español. Un enfoque sociolingüístico.
  • Fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará

    10/12/18

    Investigadores e investigadoras da Universidade do Pará (Brasil) poñen a disposición do público a fonoteca do Atlas Lingüístico do Pará.

  • Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”

    29/11/18

    O xoves 29 de novembro tivo lugar a Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”, organizada polo Consello da Cultura Galega e a rede TecAnDaLi.

  • Feira da Innovación da USC

    27/11/18

    O profesor Francisco Dubert participou o martes 27 de novembro na I Feira da Innovación da USC coa conferencia “As linguas en contacto”.

  • Corpus e construcións: perspectivas hispánicas

    22/11/18

    Do 22 ao 23 de novembro tivo lugar na Facultade de Filoloxía da USC o congreso Corpus e construcións: perspectivas hispánicas.

  • 150 aniversario da Gramática gallega de Saco Arce

    16/11/18

    O vindeiro 22 de novembro terá lugar en Ourense unha xornada en homenaxe a Juan Antonio Saco Arce, co gallo do 150 aniversario da publicación da Gramática gallega. O acto, organizado polo Seminario de Gramática da Real Academia Galega, desenvolverase no IES Otero Pedrayo de Ourense.

    Neste encontro participarán varios investigadores do ILG:

  • Simposio ILG 2018: Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica

    12/11/18

    Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os conferenciantes convidados mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.

  • Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania

    12/11/18

    María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane editan un volume sobre Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, publicado en Iberoamericana Vervuert.

Páxinas