Membros do ILG organizan e participan nos cursos de verán da USC Corpus lingüísticos: recursos e métodos para a súa explotación e Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. O primeiro terá lugar do 10 ao 14 de xullo na Facultade de Filoloxía e o segundo, do 4 ao 6 de setembro en Vilanova de Lourenzá. O prazo de matrícula aínda se atopa aberto.
Novidades
-
Cursos de verán da USC
16/06/23 -
II Congreso Toponomasticon Hispaniae
15/06/23Encóntrase aberto ata o 15 de xuño o prazo de envío de propostas para o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica, que terá lugar en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023.
-
O galego ante o desafío da sociedade multilingüe
08/06/23A investigadora do ILG Dolores Vilavedra coordina a xornada O galego ante o desafío da sociedade multilingüe, que terá lugar o 8 de xuño no Consello da Cultura Galega.
-
O proxecto Nós dá a coñecer os seus tres primeiros prototipos
06/06/23As tres primeiras ferramentas dispoñibles do proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, foron presentadas onte na Cidade da Cultura. Estes prototipos posibilitarán a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos.
-
Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG
03/06/23O pasado 30 de maio Elisa Fernández Rei foi nomeada nova directora do ILG. Estará acompañada na secretaría por María Álvarez de la Granja, quen xa desempeñou o cargo de secretaria durante a dirección de Xosé Luís Regueira.
-
Persoas premiadas no test perceptivo
02/06/23O día 1 de xuño, ás 16 h, tivo lugar no ILG o sorteo de dúas tarxetas regalo entre as persoas participantes no test perceptivo realizado por Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei. As gañadoras son mariabe e rhernandezarias.
-
Presentación do libro de Pablo García Martínez
01/06/23Pablo García Martínez presenta o 1 de xuño o seu libro Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane, editado por Laiovento. O acto terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 19:30 h.
-
Participa nun test perceptivo
31/05/23Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? A túa participación neste test perceptivo ata o día 31 de maio pode ter premio.
-
Dous contratos de investigación no ILG
24/05/23Na Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 convócanse dous contratos a tempo parcial para traballar no ILG durante seis meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de maio ás 23:59 h.
-
Libro sobre a lingua de Viana do Bolo
12/05/23A colaboradora do ILG Concepción Álvarez Pousa acaba de dar ao prelo o libro A lingua de Viana do Bolo. Descrición e textos, onde nos achega ás características lingüísticas deste concello ourensán.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »