Interoperabilidade de recursos e produción automática de linguaxe natural
Esta liña ten como obxectivo, por unha banda, explorar a interoperabilidade entre recursos existentes para o galego, como dicionarios electrónicos e diferentes corpus, e, por outra, a conectividade entre os recursos monolingües e outros pluri ou multilingües, particularmente os provistos de maior sustento valencial, de cara á ánalise de vías de retroalimentación e posíbeis interaccións. Este estudo é o paso previo a unha proposta de desenvolvemento de ferramentas de xeración automática de linguaxe natural a partir de patróns sintáctico-semánticos argumentais e en ontoloxías semánticas que clasifican a extracción de léxico con consultas a Galnet, o wordnet do galego.
Actividades:
- Análise de interoperabilidade entre recursos:
- Creación de API para o galego (http://portlex.usc.gal/develop/gl/api/)
- Organización de actividades:
- Organización do Workshop: “Ontologías de semántica lingüística: clases en el lexicón para la generación de frases nominales”, Universidade Complutense de Madrid, 16-17 Maio.