Patrimonio léxico da Gallaecia

Membros do equipo: 
Noelia García Díaz
Irma Silva Hervella
--------------
Centro de Linguística (UPorto)
João Veloso (coord.)
Carlos Silva
Paula Silva
---------------
Centro de Estudos em Letras (UTAD)
Carlos da Costa Assunção (coord.)
José Barbosa Machado
Maria Joana Gomes
----------------
Colaboradores
Fernando Groba (IES María Soliño, Cangas)
Eduardo Louredo (IES Otero Pedrayo, Ourense)
Helena Pousa (IES San Paio, Tui)
Hélen Silva (IFMS Ponta Porã, Mato Grosso do Sul)
Ignacio Vázquez (Universidade da Beira Interior)
Descrición: 

O proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia nace do interese por estudar a variación lingüística no territorio antigamente identificado como Gallaecia, que se considera espazo constitutivo do dominio lingüístico galego-portugués. O propósito principal é documentar e analizar a variación léxica nesta área nos campos léxicos asociados coa cultura patrimonial. O proxecto está coordinado desde o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e nel participan investigadores de centros universitarios do norte de Portugal. Tamén son obxectivos do proxecto:

  • Elaborar un catálogo de obras que recollan léxico patrimonial.
  • Tratar os materiais léxicos para integralos nun banco de datos consultable.
  • Emprender o estudo da variación léxica dentro da Gallaecia desde distintas perspectivas.
  • Promover e asesorar iniciativas que pretendan a transmisión e divulgación do léxico tradicional.
  • Difundir na comunidade científica os resultados da investigación desenvolvida.

Este proxecto está integrado en Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: valoración e innovación (GEOARPAD, piloto 4), proxecto transfronteirizo enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP), que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Imaxe: 
Data de execución: 
2015
Financiamento: 
Proxecto cofinanciado ao 75% na 1ª convocatoria do programa operativo INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Código: 0358_ GEOARPAD_1_E