Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués
O proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués pretende integrar nun único banco de datos de acceso libre a través de internet materiais lexicográficos procedentes de traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil. O obxectivo do proxecto é poñer estes materiais, moitos deles inéditos ou de difícil acceso, a disposición da comunidade científica.
O proxecto está coordinado desde o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela pola profesora Rosario Álvarez Blanco e nel participan investigadores galegos (ILG), portugueses (CLUL, CELGA) e brasileiros.