GL | ES

A dialectoloxía perceptiva céntrase no estudo das impresións, crenzas e actitudes dos falantes sobre a variación dialectal. Forma parte da lingüística popular e polo tanto procura indagar sobre as reflexións dos non lingüistas sobre as linguas, colocando nun primeiro plano os coñecementos e as valoracións dos falantes sobre a variación en relación co espazo.

A aplicación PDMapping facilita a investigación no ámbito dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Este recurso de uso e distribución libres pode ser utilizado para documentar e analizar os xuízos dos falantes sobre a variación lingüística, especialmente a determinada por variables espaciais e socioculturais.