GL | ES

PDMapping

A aplicación PDMapping está dispoñible para descargar e ser utilizada en investigacións de distintos dominios lingüísticos. Ademais, existe unha versión de demostración utilizada para realizar unha investigación sobre as variedades do galego. Unha descrición do funcionamento da aplicación pode encontrarse nunha das publicacións do equipo (PDF).

  • Páxina de descarga do código: GitHub
  • Páxina web de demostración: Avaliación perceptiva dos dialectos galegos.
    Os datos recadados na páxina de demostración son empregados para mellorar a aplicación e para estudar a percepción sobre as variedades rexionais do galego. Agradecemos a participación.

Forma de cita

Sousa, Xulio. PDMapping: documentación e análise de datos perceptivos. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. https://ilg.usc.gal/pdmapping/ (accessed on <data>).

A aplicación PDMapping foi desenvolvida no marco dos proxectos Plataforma de documentación e análise de datos dialectais perceptivos e Contacto e cambio lingüístico en galego (financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e o European Regional Development Fund, multiannual financial framework 2014-2020 -FFI2015-65208-P-). Ademais forma parte das accións desenvolvidas na rede de investigación Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos (financiada polo programa de consolidación de unidades de investigación competitivias do SUG, Xunta de Galicia - FEDER [ED341D R2016/011]).

Gobierno de España - Ministerio de Ciencia,
					Innovación y Universidades - Agencia Estatal de Investigación
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación
					e Universidade
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación
					e Universidade