logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- betterment, between, bevelled, beverage, beware, bewilder, bewildered, bewilderment, bewitched, beyond, bezness, bias, biased, bib, Bible, biblical, bibliographical, bibliography, bicker


beyond


- preposition
- máis alá de

EN Below lies the whitewashed convent of the Nuns of Charity, and beyond the river the brown granite convent of the Claristas.
GL Por debaixo está o convento encalado das monxas da Caridade, e máis alá do río o convento das Clarisas en pedra parda.
- Fonte: GAL (456)
- alén de

EN The car had reached the top of the Wheel and hung there motionless, while the stain of the sunset ran in streaks over the wrinkled papery sky beyond the black girders.
GL O vagón acadara o cume da nora e penduraba inmóbil mentres, alén das trabes negras, as manchas do solpor espallábanse en raios por un ceo de papel arrugado.
- Fonte: TER (2100)
- a través de

EN And beyond that fire, in the circling darkness, Buck could see many gleaming coals, two by two, always two by two, which he knew to be the eyes of great beasts of prey.
GL Buck enxergaba a través da fogueira, entre a escuridade circundante, unhas faíscas aparelladas de dúas en dúas: os ollos das grandes feras depredadoras.
- Fonte: CHA (765)
- á parte de

EN Beyond these lifeless sounds the world was silent.
GL Á parte destes sons sen vida, o mundo permanecía silencioso.
- Fonte: TEM (1842)
- máis aló de

EN The Roman mind was great in the presence of man, mean in the presence of nature: impotent to comprehend or to delineate the internal strife of passion,14 but powerful beyond any other national mind to display the energy of the will victorious over all passion.
GL A mente romana era grande na presencia do home e mesquiña na presencia da natureza; impotente para comprender ou delinea-la loita interna da paixón,5 pero poderosa máis aló de calquera outra mente nacional para desenvolve-la enerxía da vontade victoriosa sobre toda paixón.
- Fonte: LET (463)
- máis lonxe

EN Where questions of self-sacrifice are concerned, men are infinitely beyond us.
GL En canto a sacrificios, os homes chegan máis lonxe ca nós.
- Fonte: ERN (11)
.....--- beyond question
- sen lugar a dúbidas

EN To be buried while alive is, beyond question, the most terrific of these extremes which has ever fallen to the lot of mere mortality.
GL Ser enterrado vivo é, sen lugar a dúbidas, o máis terrorífico destes extremos que poidan sucederlle á maior parte dos mortais.
- Fonte: BUR (13)


- adverb
- máis alá

EN But I get beyond that: it mayn't be sound theology, but it's common sense, that what is good is useful too --or there and thereabout, for I don't set up to be a thinker.
GL Pero aínda vou máis alá, pode que non sexa teoloxía propiamente, mais, ten bastante sentido que o que é bo é tamén útil... ou máis ou menos, xa que non son coñecido como pensador.
- Fonte: FAB (66)
- alén

EN The artist, like the God of creation, remains within or behind or beyond or above his handiwork, invisible, refined out of existence, indifferent, paring his fingernails.
GL O artista, como o Deus da creación, fica dentro, detrás, alén, enriba da súa obra, invisible, esvaecido da existencia, indiferente, entretido en amañar as uñas.
- Fonte: RET (4286)