Actividades

Mostrando actividades (2 de 2)

  • Ciencia Aberta e Humanidades Dixitais (Facultade de filoloxía, USC, Compostela)

    14 de novembro de 2023

    Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto. A xornada combina achegas sobre ferramentas para a xeración de contidos en acceso aberto, unha panorámica sobre o estado da ciencia aberta por parte da xefa da Unidade de Acceso Aberto, Repositorios e Revistas da FECyT, e a presentación do Portal da Cultura Impresa en Lingua Galega, impulsado dende o ILG.

  • XIV Congresso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Universidade do Minho, Braga)

    19 de abril de 2024

    Durante o XIV Congreso Internacional organizado pola Asociación Internacional de Estudos Galegos, o equipo do Portal da Cultura Impresa en Lingua Galega interviu nunha das "Presentacións de produtos académicos e proxectos". A sesión serviu para dar a coñecer o proxecto a público privilexiado para o mesmo, como é a comunidade internacional de estudosas e estudosos da literatura e a cultura galegas, quenes poden beneficiarse das achegas feitas dende o portal para o acceso aberto a contidos orixinais, vídeos, mapas, bases de datos, etc.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar