O Portal da cultura impresa en lingua galega foi impulsado en 2023 polo Instituto da Lingua Galega (ILG), coa firme vontade de converterse nun espazo de encontro entre investigadorxs e público interesado pola historia das letras e da arte galegas. Facendo uso das posibilidades para o acceso libre a contidos culturais que permiten as tecnoloxías da información, a web acolle documentos orixinais, mapas, entrevistas e demais ferramentas para a investigación, xerados por un equipo que concibe esta plataforma como un órgano vivo, aberto ao crecemento e á transformación.
No que fai ao enfoque epistemolóxico que informa a posta en circulación desta ferramenta, o portal incorpórase á nova etapa na historia do libro aberta polos Print Culture Studies (Estudos da cultura impresa). Unha etapa marcada polo xiro cara á materialidade dos proceso produtivos inherentes a libros, revistas, follas voandeiras e todo tipo de materiais impresos que pasan agora a ser pensados como partes ineludibles para entender un mesmo proceso, dentro dun mesmo campo literario. Así, o propósito do Portal da cultura impresa en lingua galega é conectar con esta conversa os materiais tirados da historia literaria galega no período que abrangue os séculos XIX a XXI.
2023
Cidade da Cultura (Compostela)
Forma parte do proxecto:
Cultura impresa e pensamento nacional galego
Forma parte do proxecto:
A edición feminina e feminista na Galiza postfranquista
Forma parte do proxecto:
A edición feminina e feminista na Galiza postfranquista