Mostrando actividades (1 de 1)
2023
Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto. A xornada combina achegas sobre ferramentas para a xeración de contidos en acceso aberto, unha panorámica sobre o estado da ciencia aberta por parte da xefa da Unidade de Acceso Aberto, Repositorios e Revistas da FECyT, e a presentación do Portal da Cultura Impresa en Lingua Galega, impulsado dende o ILG.