Lugar de edición:
Orixe:
Fundación Penzol
Lugar de conservación:
Vigo
A revista Adiante publicouse na cidade de Buenos Aires e contabiliza un total de 5 números, tirados do prelo entre 1954 e 1956, cunha extensión de 8 páxinas estable durante os 4 primeiros números, baixando ata a metade de páxinas no último número, publicado xa cunha edición menos coidada ca os anteriores. A revista constitúe o órgano das “Mocedades Galeguistas”, filial da Irmandade galega que fora fundada, en 1941, sendo o resultado da concorrencia de militantes do histórico Partido Galeguista de preguerra —liderados por Castelao— con outros sectores máis proclives ao independentismo e artellados anteriormente na Sociedade Nazonalista Pondal, que fora creada en 1927.
A esta revista sae á luz na nova etapa que o nacionalismo porteño enfronta dende comezos da década de 1950, a seguir á morte do seu carismático líder, Castelao e serve para presentar unha Mocedades Galeguistas que foran refundadas en agosto de 1953, integrada esta nova etapa por fillxs de dirixentes do nacionalismo galego de Buenos Aires, axs que se uniría un pequeño grupo de mozxs emigrantes chegados neses anos á cidade, como era o caso de Antón Moreda, Xosé Neira Vilas ou Antón Santamarina Delgado, todos eles colaboradores activos da revista. O primeiro número de Adiante está datado en xaneiro de 1954 e alí aparece tamén a voz do exiliado Ramón de Valenzuela Otero, máis novo ca os dirixentes históricos da Irmandade Galega, pero maior ca xs integrantes das Mocedades Galeguistas.
PGM
Pablo García Martínez