Autor:
Soporte:
Libro
Editor:
Lar
“Da terra asoballada” foi primeiramente unha das sete seccións do poemario Vento mareiro, publicado no ano 1915 na Habana. Máis tarde, conformando un volume independente xa, Da terra asoballada saíu da imprenta Galicia Nueva en 1917 en Vilagarcía de Arousa. Uns anos máis tarde, en 1926, a coruñesa Lar preparou a última e máis completa edición da obra ―engadíronse máis composicións, algunhas procedentes de No desterro―.
Neste libro de denuncia e de reivindicación ―sen esquecer o sentimental e o intimismo― Cabanillas, o Poeta da Raza, convida ao pobo revolucionario da nación a pórse en pé para loitar fronte ao caciquismo e defender a vida do campesiñado nunhas condicións máis dignas, para reclamar a liberdade de Galiza ou para abordar o “papel que Castela ten xogado na súa negación histórica” (DLG 2000: 122). A proximidade co caso irlandés e a irmandade entre galegos e portugueses, outros elementos chave no imaxinario nacional galego, son tamén os temas dalgúns poemas deste libro.
Fontes:
DLG = Vilavedra, Dolores (coord.) (2000): Diccionario da literatura galega, vol. III. Vigo: Galaxia, 120-125.
Cabanillas, Ramón (1926): Da terra asoballada. A Coruña: Lar.