Pensamento e sementeira: leiciós de patriotismo galego

Autor:

Antón Villar Ponte

Soporte:
Libro

Editor:
Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires

Observacións

Este volume reúne un gran número de ensaios, conferencias e discursos que Antón Villar Ponte elaborara no seu tempo e fora publicando en diferentes xornais e semanarios ― El Noroeste, A Nosa Terra, El pueblo gallego...―. De entre os sete apartados que estruturan o libro moi probablemente os de maior interese sexan o terceiro ―“Temas políticos”― e o cuarto ―“Glosas literarias e artísticas”― polo claro vencello literatura-nación que manifestan.

O motivo da publicación desta obra no 1971 explícase, como declarou Salvador Lorenzana na introdución da mesma, polo legado de Villar Ponte que lles quedou en herdanza aos galeguistas da posguerra, cando eles se enfrontaban a un momento de crise e de baleiro en canto ao discurso nacionalista.

Fontes:

DLG = Vilavedra, Dolores (coord.) (2000): Diccionario da literatura galega, vol. III. Vigo: Galaxia, 359-361.

Referencia

Villar Ponte, Antón (1971): Pensamento e sementeira: leiciós de patriotismo galego. Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar