Dos arquivos do trasno

Autor:

Rafael Dieste

Soporte:
Libro

Editor:
El Pueblo Gallego

Observacións

Na súa primeira edición Dos arquivos do trasno presentaba unha serie de oito contos que foran publicados con anterioridade en diferentes xornais e revistas. Baixo o subtítulo de “Contos do monte e do mar” ―o cal desaparece nas seguintes edicións de 1962 e 1973―, os relatos escritos cun estilo de vangarda participaban da popularización da narrativa curta galega que levaron a cabo entre 1919 e 1927 ¡Terra a Nosa!, Céltiga, Alborada, Lar, Libredón e Galaxia. Esta empresa do cultivo dunha narrativa de ficción onde primasen a concisión, o coidado da lingua ou a elevación do popular á categoría literaria encontra o seu eco noutras obras como as Cousas (1926/1929) de Castelao.

A obra ten interese per se, mais tamén por oposición. Así, pode ser relevante aproveitar o libro para o estudo da evolución da paisaxe ―aquí enxebre, fonte dunha reflexión filosófica e emotiva― desde estes anos 20 e até os anos da urbanidade nas décadas de 80 e 90, pasando pola concepción que tiveron ao respecto os homes de Galaxia mais da Nova Narrativa Galega nos 50 e 60 (vid. Regueira 2020: 205-211); ou para volver sobre o papel da fantasía na narración, tan diferente nestes contos de Dieste dos de Cunqueiro, Fole (vid. Regueira 2020: 199-205) ou os participantes do certame literario Modesto R. Figueiredo (vid. González-Millán 1994: 105-132; González-Millán 1996: 63-65). Nesta tarefa o limiar que acompaña o libro é imprescindible.

Fontes:

DLG = Vilavedra, Dolores (coord.) (2000): Diccionario da literatura galega, vol. III. Vigo: Galaxia, 155-157.

González-Millán, Xoán (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais.

González-Millán, Xoán (1996): A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais.

Regueira Mario (2020): Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais.

Tato Fontaíña, Laura (2003): “A emerxencia do discurso narrativo: das coleccións de novela curta ao romance”, en Maria do Amparo Tavares Maleval / Francisco Salinas Portugal (dirs. congr.), Estudos galego-brasileiros. Rio de Janeiro: H. P. Comunicação Editora, 206-207.

Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 206-207 .

Referencia

Dieste, Rafael (1926). Dos arquivos do trasno. Vigo: El Pueblo Gallego.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar