Cartografías e modelos narrativos da ficción galega contemporánea

Periodo temporal:

1980 - Actualidade

Este proxecto ten como obxectivo principal a elaboración dunha cartografía da ficción galega contemporánea que identifique os espazos recorrentes en produtos narrativos actuais. Esta meta apoiase, por un lado, nunha investigación cuantitativa que rexistre e agrupe as referencias xeográficas do corpus de obras e unha máis analítica, consistente en estudar as representacións do espazo, as marcas semióticas e as consecuencias sociais que implica a efectos culturais, turísticos, educativos ou simbólicos.

Vencellado a este primeiro obxectivo do proxecto está o estudo dos modelos narrativos empregados, unha vez que a ficcionalización dos diferentes espazos ou comunidades (cidade, vila, área xeográfica) adoita ter correlacións con determinados xéneros ou formatos. A tal efecto, interesa analizar como se conxugan estas categorías narrativas en termos globais e locais e observar o comportamento dos produtos creativos en termos de público, mercado e institución. Para acadar resultados máis representativos utilizase un corpus intermedial, no que, ademais da literatura se incorpora o cinema, as series televisivas ou a banda deseñada.

Publicacións:

Núñez Sabarís, X. (2023). Ficción policial e negra galega [base de datos], Repositório de Dados da Universidade do Minho.

Núñez Sabarís, X. & Ribeiro, E. (2023): “Las máscaras del monstruo: representaciones e imaginarios en el ‘noir’ gallego”. Moenia, 28.

Núñez Sabarís, X. (en prensa). "Mapas do noir galego: literatura, cinema e televisão". En Fioruci, W. (ed.). O gênero policial na contemporaneidade: entre pistas e suspeições. Curitiba: Universidade Tecnológica Federal do Paraná.

Núñez Sabarís, X. (2020). Cartografías da narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).

Núñez Sabarís, X. & Sousa Tavares, D. (eds.). (2020). "Literatura e televisão". Revista 2i: Estudos De Identidade E Intermedialidade, 2(1).

Mapas deste proxecto

Vídeos deste proxecto

Membros do proxecto

  • Xaquín Núñez Sabarís

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar