penson pensyon {pensõ}
| subst. |
subst. 'renda ou canon anual que se impón sobre unha herdade; este canon pode ser temporal ou perpetuo'. Pensón, "así o rreçebo et prometo et me obligo de dar et pagar o dito foro, rrenda et pensón ao dito mosteyro, segundo que vós, a dita Çesia Oanes, erades et sodes tiúda et obligada de dar et pagar" 48.35 (1455); "sejades vós (...) et a dita vosa moller et vosas et súas vozes obligados de a rrestoirar et rreparar et pagar en cada hũu ano o dito foro et pensón, segundo dito he" 50.39 (1462); "afórovos a dita mjna parte das ditas casas (...) para todo senpre e cõ o cargo e pensón de quinze morauidís que en toda a dita casa ha a confrarýa de Santa María" 56.24 (1477). Pensõ, "et agardemos et pagemos o sobredito foro et pensõ et fasamos a dita rreparaçón" 50.76 (1462); "avedes de dar et pagar de foro et pensõ en cada hũu ano et por cada hũu día de Santa María d' agosto de cada ano çent morauidís vellos" 54.23 (1472). Pensyón, "sen que ajades de pagar os ditos çinquoenta morauidís nẽ outro foro nẽ pensyón algũa, pagos et postos en paz et en saluo en cada hũ ano" 66.45 (1497). Cfr. s.v. cargo, foro1, rrenda. |