____ | |
rrẽta (13): "Praso e rrẽta de XV anos do casal de / Rriãgiño" 9, 42, 87, "faser / a rrẽta sãa de morte e de saca" 400, "outorgarõ / en rrẽta o seu logar de Ozo da Torre" 691, "en cada ano outra tãta rrẽta de pã e vjno" 700, 1172, 1176, "porla rrẽta das ditas alcaualas" 1193, 1320, 1331, 2514, 2717; rrenta (2): "Outorgou carta / de rrenta e poder e rrecudimento" 1185, 2481; rrendas (1): "sobre nosas herdades e rrendas / e terrádegos" 2609; rrentas (5): "que leue pã e vjno e frutos e rrentas do dito logar / fasta ser pago" 693, 799, "herdades e chantados e outras rrentas e dereyturas / e pertenẽsçias" 804, 1192, "estimou os frutos e rrentas e nouos do dito paaço e vjnas" 2493. |
____ | ____ |
Do lat. vg. *rĕndĭta, por rĕddĭta, participio neutro plural de rĕddĕre, posiblemente a través do provenzal (DCECH s.v. rendir). A forma renda está desde o XII, en 1162 nun texto port.; en textos romances galegos en 1242-1252, 1259, etc. (Lorenzo Crónica s.v.). A forma usual nos textos galegos é esta (véxase tamén Martín Ribas de Sil, Martínez Montederramo e Tato Santiago s.v.); a forma con t quizais proceda do castelán, onde desprazou á normal renda no XIII (DCECH s.v. rendir); hai outros testemuños galegos de renta en 1454 (Martín Ribas de Sil s.v.). |