II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
Data de inicio:
Monday, October 9, 2023 - 09:30
A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación. As propostas poden abordar tanto a variación interlingüística coma intralingüística.
Poster: