Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica

Data inicio: 
Monday, July 27, 2015 - 12:15
Lugar: 
Facultade de Filoloxía
Poster: 
Descrición: 

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela celebrou o congreso internacional Gallæcia – III Congresso Internacional de Linguística Histórica entre os días 27 e 30 de xullo de 2015 en Santiago de Compostela, que estivo dedicado a honrar os profesores Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.

O III CILH ocorre na secuencia de Castilho – II CILH (São Paulo 2012), en homenaxe ao profesor Ataliba T. de Castilho, e de Rosae – I CILH (Salvador 2009), que honrou a profesora Rosa Virgínia Mattos e Silva, de feliz memoria. Esta terceira edición estivo organizada conxuntamente pola Universidade Federal da Bahia (Instituto de Letras), pola Universidade de São Paulo (Área de pós-graduação em Filologia e Língua Portuguesa, Cátedra de Estudos Galegos – DLCV / FFLCH) e pola Universidade de Santiago de Compostela (Instituto da Lingua Galega).

Convidáronse a participar neste congreso investigadores e investigadoras nos distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega, de maneira particular nos dominios da lingüística histórica e da historia da lingua, mais tamén doutras disciplinas como a ecdótica, codicoloxía e paleografía, a onomástica, a sociolingüística, a dialectoloxía e xeolingüística, a lingüística aplicada, a adquisición e desenvolvemento da linguaxe, a psicolingüística, a fonética e fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, a lexicoloxía, lexicografía e semántica, a lingüística textual, a análise do discurso, a pragmática e a lingüística computacional e de corpus.