Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna

Simposio ILG 2017
Data de inicio: 
Monday, November 20, 2017 - 16:00

Co título de "Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna", o Simposio ILG 2017 convocará entre o 20 e o 22 de novembro especialistas de diversas ramas do saber para abordaren desde cadanseu punto de vista a análise da produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII. Elementos básicos desta análise serán, entre outros, a contextualización histórica e sociolingüística dos textos, a reconstrución da súa xénese e transmisión, a súa edición, a descrición e análise da lingua empregada neles, e o deseño de ferramentas para a análise e explotación dos datos lingüísticos que conteñen. Polo demais, o Simposio reservará un espazo para a presentación pública de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna, un proxecto desenvolvido ao longo dos últimos anos no Instituto da Lingua Galega, así como para a reflexión sobre os desafíos que implica a construción de corpus especializados.

Poster: 

Sección