Visita e café con Leticia Santín Gallego

Data inicio: 
Thursday, November 20, 2025 - 11:30
Poster: 
Descrición: 

O 20 de novembro, ás 11:30 h, celebramos un novo encontro de Visita e café con Leticia Santín Gallego, investigadora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Durante a sesión, Leticia presentou os avances do seu proxecto de tese, centrado na análise do cambio léxico a partir de datos xeolectais, e que está a desenvolver no ILG no marco do proxecto CORPAT-LOCALEs.

A súa estadía está supervisada por Xulio Sousa Fernández, profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega da USC e investigador adscrito ao ILG, especialista en variación lingüística, sintaxe, léxico e xeografía lingüística.

O encontro permitiu coñecer de primeira man o enfoque etnolingüístico do seu traballo e intercambiar ideas arredor da dialectoloxía, a variación e a cartografía lingüística.