"Visita e café" con Leticia Santín Gallego

Data inicio: 
Thursday, November 20, 2025 - 11:30
Poster: 
Descrición: 

O xoves 20 de novembro tivo lugar un novo encontro de Visita e café con Leticia Santín Gallego, investigadora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Durante a sesión, Santín presentou os avances do seu proxecto de tese, centrado na análise do cambio léxico a partir de datos xeolectais e desenvolvido no ILG no marco do proxecto CORPAT-LOCALEs. A súa estadía no Instituto da Lingua Galega está supervisada polo investigador Xulio Sousa, especialista en variación lingüística, sintaxe, léxico e xeografía lingüística.

O encontro permitiu coñecer de primeira man o enfoque etnolingüístico do seu traballo e intercambiar ideas arredor da dialectoloxía, a variación e a cartografía lingüística.