"Visita e café" con Luke Bishop

Data inicio: 
Monday, October 30, 2023 - 11:00
Data fin: 
Tuesday, October 24, 2023 - 14:15
Poster: 
Descrición: 

O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía. Bishop, beneficiario dunha bolsa Fulbright, está a analizar as actitudes dos neofalantes cara aos castelanismos e cara á variación dialectolóxica, especialmente na provincia de Ourense. Os resultados desta investigación formarán parte da súa tese de doutoramento.