News

  • 06/19/25 !

    Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 4 de abril encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • 05/30/25 !

    Aberta a convocatoria para vincularse ao ILG

    O persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela interesado en vincularse ao Instituto da Lingua Galega poderá enviar a súa expresión de interese ata o 30 de maio de 2025.

  • 04/11/25 !

    O Validatón pechou a súa segunda edición con 10.000 fragmentos gravados e validados en Common Voice

    Onte pola tarde rematou no Instituto da Lingua Galega o Validatón 2025, maratón en que participou unha trintena de persoas. Grazas a elas conseguíronse 13 h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice, das que aproximadamente 6 h son de gravación, e acadáronse arredor de 10.000 fragmentos gravados e validados. Na sesión presencial creáronse case 2.000 frases que contribuirán a incrementar o número e a diversidade dos enunciados dispoñibles para a súa lectura na plataforma.