O persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela interesado en vincularse ao Instituto da Lingua Galega poderá enviar a súa expresión de interese ata o 30 de maio de 2025.
News
-
05/30/25
!
Aberta a convocatoria para vincularse ao ILG
-
04/11/25
!
O Validatón pechou a súa segunda edición con 10.000 fragmentos gravados e validados en Common Voice
Onte pola tarde rematou no Instituto da Lingua Galega o Validatón 2025, maratón en que participou unha trintena de persoas. Grazas a elas conseguíronse 13 h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice, das que aproximadamente 6 h son de gravación, e acadáronse arredor de 10.000 fragmentos gravados e validados. Na sesión presencial creáronse case 2.000 frases que contribuirán a incrementar o número e a diversidade dos enunciados dispoñibles para a súa lectura na plataforma.
-
04/05/25
!
CLARIAH-GAL participa no IV Workshop de CLARIAH-ES
O Centro de Supercomputación de Castilla y León (SCAYLE) acolleu os días 3 e 4 de abril o IV Workshop de CLARIAH-ES, en que participaron representantes de todos os nodos integrantes.