CLARIAH-GAL participa no IV Workshop de CLARIAH-ES

O Centro de Supercomputación de Castilla y León (SCAYLE) acolleu os días 3 e 4 de abril o IV Workshop de CLARIAH-ES, en que participaron representantes de todos os nodos integrantes. Nesta ocasión, María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei representaron o nodo CLARIAH-GAL.
As investigadoras do ILG informaron sobre as actividades do nodo e o estado desde a última reunión, así como puideron comentar e discutir os seguintes pasos a tomar e a coordinación con outros nodos. A xornada incluíu, ademais, unha visita ás instalacións de SCAYLE e reunións específicas para tratar cuestións técnicas da infraestrutura, dos grupos de traballo, dos proxectos en curso ou en elaboración e das próximas convocatorias en que se quere participar.