Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/cover_issue_3548_es_es.jpg?itok=bS2aIapS)
O último número de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos acolle tres achegas de investigadores e investigadoras do Instituto da Lingua Galega.
Concepción Álvarez Pousa dá a coñecer a variedade lingüística ourensá da Terra de Viana do Bolo, o vianés, e as variedades limítrofes do galego da área zamorana. Mª Sol López Martínez presenta, a canda María Caíña Hurtado e Eva Domínguez Noya, un estudo sobre a linguaxe non sexista no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA). Por último, Marta Negro Romero e Xulio Sousa analizan as áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste peninsular a partir dos datos do corpo humano recollidos no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica(ALPI).
Os distintos artigos que compoñen o volume 22 da revista pódense consultar e descargar na ligazón https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/index.