Varios membros do ILG publican na revista Madrygal

Data: 
Tuesday, December 22, 2020 - 09:45
Imaxe: 

Varios membros do ILG colaboran no último número de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

O investigador Ramón Mariño Paz contribuíu a este número cun artigo no que presenta información sobre a forma e a función do sufixo -bel/-ble desde o século XVI ata hoxe, titulado "Forma e función do sufixo -bel / -ble (< lat. -BῘLIS) no galego posmedieval".

A investigadora María Álvarez de la Granja colaborou nesta revista co traballo "O infinitivo flexionado no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL)", no que se analiza o emprego do infinitivo flexionado no Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico (CORTEGAL) para posteriormente facer unha comparativa con outros traballos.

Tamén participaron neste número os colaboradores externos do ILG José António Souto CaboRicardo Pichel e Miguel García-Fernández. O profesor Souto Cabo aproximouse ao trobador Múnio Fernandes de Mirapeixo no traballo "De illis de Mirapixe: Monio Fernandi. O trovador Múnio Fernandes de Mirapeixe e a sua parentela". Ricardo Pichel e Miguel García-Fernández, pola súa banda, publicaron, xunto con Diana Pelaz Flores, un artigo no que edita e contextualiza dous privilexios rodados de Xoán II referentes a Galicia, titulado "Galicia e El-Rei ou como reinar desde a distancia: comunicación política arredor de dous novos privilexios rodados de Xoán II".