O ILG incorpórase aos Centros K-CLARIN
Data:
Friday, July 29, 2022 - 13:45
Imaxe:
O Instituto da Lingua Galega acaba de integrarse nos Centros de Coñecemento CLARIN, que forman parte da infraestrutura europea dixital CLARIN. Esta infraestrutura ten como obxectivo ofrecer datos, ferramentas e servizos para apoiar a investigación baseada en recursos lingüísticos.
Ademais do ILG, constitúen os Centros K-CLARIN o Centro de Competencias CLARIN IULA-UPF (CC-CLARIN IULA-UPF) de Barcelona, o Laboratorio de Innovación en Humanidades Digitales (LINDH) de Madrid e o Grupo IXA (UPV/EHU) de Donostia.
Ligazóns: