Arquivo do Galego Oral (AGO)

Descrición: 

O Arquivo do Galego Oral foise configurando desde 1974 co fin de construír un corpus multidisciplinar para estudar a lingua oral e contribuír a un mellor coñecemento da sociedade galega con mostras do patrimonio inmaterial. Contén unhas 2.000 horas de gravacións, con rexistro sonoro de aproximadamente 8.000 persoas, das que máis de 1.000 horas (de 1992 á actualidade) son rexistros correspondentes a uns 6.000 informantes de todos os concellos de Galicia (e de concellos galegófonos de Asturias, León e Zamora e dos tres de Cáceres con falas esencialmente galegas).

Os obxectivos inmediatos do AGO son a posta en rede dun banco de textos que configuren un atlas temático da oralidade de todo o dominio lingüístico e o aliñamento das gravacións e transcricións, así como a creación dun buscador que permitirá a realización de estudos en materia de variación, cambio lingüístico e xeografía lingüística. Actualmente, no sitio http://ilg.usc.gal/ago/ pódese consultar unha escolma de textos (audio e transcricións semifonolóxica e estandarizada), con temas diversos sobre aspectos históricos, etnográficos, socioculturais etc.

Imaxe: 
Execution date: 
2013
Funded by: 
Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (2007-2018); Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2019-2020).