LingüísticaMente V. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
Data inicio:
Friday, December 12, 2025 - 12:00
Data fin:
Friday, December 12, 2025 - 14:00
Lugar:
Facultade de Psicoloxía da USC
Poster:

Descrición:
O 12 de decembro terá lugar na Facultade de Psicoloxía (sala de xuntas), unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo ILG, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta da Universidade de Santiago de Compostela.
Ás 12 h, Lucía Vieitez (IPsiUS) comezará a xornada falando sobre “O rol da identidade de xénero na interacción entre a gramática e a emoción”. Seguiralle Francisco Dubert (ILG), ás 13 h, que falará sobre “Como se representa a variación na competencia lingüística”.
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. As persoas que asistan e desexen obter o certificado, o día do evento deberán de indicar os datos necesarios para a súa emisión.




