LingüísticaMente V. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística

Data inicio: 
venres, Decembro 12, 2025 - 12:00
Data fin: 
venres, Decembro 12, 2025 - 14:00
Lugar: 
Facultade de Psicoloxía da USC
Poster: 
Descrición: 

O 12 de decembro terá lugar na Facultade de Psicoloxía (Sala de Xuntas), unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, psicoloxía e psicolingúística, xornada organizada polo ILG , o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e da Conducta da Universidade de Santiago de Compostela. 
As 12h, Lucia Vieitez (IPsiUS) comezará o relatorio falando sobre “O rol da identidade de xénero na interacción entre a gramática  a emoción”. 
Seguiralle Francisco Duber (USC), facendo a súa intervención ás 13h, falará sobre “Como se representa a variación na competencia lingúística” 
A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. As persoas que asistan e desexen obter o certificado de asistencia, o día do evento deberán de indicar os datos necesarios para a súa emsión. 
Lembrade que aínda que quededes sen sitio, na nosa canle de Youtube poderedes disfrutar da sesión!