O edificio Redeiras de Vigo acollerá os días 1 e 2 de outubro de 2026 o XXII Encontro de Morfólogos . Baixo o lema “Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística”. Esta cita contará coa presenza dos membros do noso centro Francisco Dubert, encargado de impartir unha das conferencias plenarias, María Álvarez de la Granja e Reyes Rodríguez Rodríguez.
News
-
Participación de membros do ILG no 'XXII Encontro de Morfólogos'
10/02/26 -
Antón Santamarina recibe este mércores o Premio Luís Porteiro Garea
09/16/26Antón Santamarina recibirá o Premio Luís Porteiro Garea o vindeiro mércores 16 de setembro nun acto institucional que terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia ás 12:00 horas.
-
Visita e café con João Víctor Lima
06/02/26O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.
-
Dolores Vilavedra, nova presidenta do Consello da Cultura Galega
05/29/26Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega e investigadora do ILG, foi elixida o mércores 27 de maio nova presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución en subtitución de Rosario Álvarez, que desempeñou o cargo ao longo destes oito últimos anos. Na actualidade, Vilavedra formaba parte do plenario do CCG en representación do noso centro e era vicepresidenta e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.
-
III Xeira CLARIAH-GAL
05/29/26O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo de inscrición ata o 22 de maio de 2026.
-
Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés
05/20/26Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.
-
Conferencia de M.ª Xesús Nogueira no Ateneo de Santiago
05/11/26A investigadora do ILG María Xesús Nogueira vai ofrecer a conferencia "As mil vidas vividas de Begoña Caamaño" o luns 11 de maio, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago de Compostela.
-
Artigo de Estela Fidalgo sobre o piropo en 'Galicia 21'
05/11/26A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra vén de publicar o artigo "O papel (des)cortés do humor na produción do piropo galego" na revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, en que analiza as diferenzas xeracionais e de xénero á hora de empregar elementos humorísticos na produción do piropo.
-
Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG
05/06/26Acaba de facerse a pública a resolución definitiva de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. As dúas persoas seleccionadas son Leticia-Tian Zhang, da Beijing Foreign Studies University, e Manuel Delicado Cantero, da Australian National University.
-
Resolución provisional da asignación de axudas para estadías no ILG
04/24/26Acaba de facerse a pública a resolución provisional de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. A comisión de selección avaliou as solicitudes de 14 investigadores e investigadoras de universidades de Alemaña, Australia, Brasil, Cuba, China, India e Portugal.




