Resolución provisional da asignación de axudas para estadías no ILG

Data: 
Friday, April 24, 2026 - 12:30
Imaxe: 

Acaba de facerse a pública a resolución provisional de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. A convocatoria está destinada a subvencionar dúas estadías de persoal docente e investigador procedente de calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia para a realización de actividades de investigación que se vinculen coa axenda científica do ILG.

A comisión de selección, integrada polos membros do Instituto María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García, Elisa Fernández Rei, que exerceu como presidenta, Xosé Luís Regueira Fernández e Florentina Xoubanova Montero, avaliou as solicitudes de 14 investigadores e investigadoras de universidades de Alemaña, Australia, Brasil, Cuba, China, India e Portugal.