Artigo de Francisco Fernández Rei no libro de homenaxe a Francho Nagore e Chesús Vázquez

Data: 
Tuesday, September 20, 2022 - 13:30
Imaxe: 

O artigo "Arear o peixe antes de cociñalo: textos da cultura mariñeira de Fefiñáns (ría da Arousa)", do investigador do ILG Francisco Fernández Rei, vén de ser publicado no volume Arredol d'a parola: conoxer, amar, esfender l'aragonés. Treballos en omenache a Francho Nagore e Chesús Vázquez, editado polo Instituto de Estudios Altoaragoneses (Deputación Provincial de Huesca) e a Dirección General de Política Lingüística (Goberno de Aragón).

O autor ofrece unhas notas sobre salgar en libros de cociña galega, a seguir realiza unhas calas sobre arear no litoral galego e, finalmente, presenta textos de Fefiñáns sobre a maneira de arear e cociñar algúns peixes e unha receita da allada mariñeira para o peixe en caldeirada.