Cambio lingüístico y variación en el gallego rural del siglo XX: los perfectos verbales
A revista Dialectologia acaba de publicar no último número un traballo dos investigadores Clara Lago Caamaño e Xulio Sousa. Neste artigo amósanse os resultados do estudo das mudanzas lingüísticas no galego rural ao longo do século pasado a partir da información albergada en dous atlas lingüísticos desenvolvidos en distintos momentos (ALPI e ALGa). As variables analizadas corresponden á morfoloxía dos tempos verbais de perfecto e as variantes estudadas foron rexistradas en localidades de dominio lingüístico galego. Os resultados do traballo mostran a utilidade dos materiais xeolingüísticos para coñecer os procesos de cambio producidos en épocas recentes.