Clausura do Simposio ILG 2014

Data: 
Saturday, November 22, 2014 - 09:30
Imaxe: 

O sábado 22 de novembro, ás 9:30 h no Consello da Cultura Galega, terá lugar a derradeira sesión do Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media.

Abre a sesión o profesor José Antonio Souto Cabo, da Universidade de Santiago de Compostela, que falará sobre a lingua da prosa non-documental no século XV. A seguir, o profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, da Universidade da Coruña, tratará os aspectos morfosintácticos do galego tardomedieval. Por último, o profesor e investigador do ILG Eduardo Moscoso Mato analizará os tempos compostos ao final da Idade Media e na Idade Moderna. Tras o correspondente coloquio, terá lugar o acto de clausura ás 14 h.