O pasado 3 de abril tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a presentación da obra Manual of Galician Linguistics, publicada por De Gruyter. No acto interviñeron Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, editores do volume, e Víctor Longa, profesor da Facultade de Filoloxía.
News
-
Presentouse en Filoloxía o 'Manual of Galician Linguistics'
04/09/25 -
Aberto o prazo de preinscrición dos cursos "Galego sen fronteiras"
04/04/25O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras". A preinscrición desta 35.º edición encóntrase aberta e pode realizarse ata o 4 de abril a través do blog dos cursos .
-
Presentación do 'Manual of Galician Linguistics'
04/03/25O xoves 3 de abril, ás 12:30 h, vaise presentar o volume Manual of Galician Linguistics, publicado en De Gruyter, no salón de graos da Facultade de Filoloxía. No acto intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores da obra, e o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Víctor Longa Martínez.
-
Conferencia do profesor João Veloso sobre o portugués en Macau
04/02/25O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).
-
Ciclo de conversas coas mulleres do ILG. II Faladoiro con Alba Aguete Cajiao
03/27/25No II Faladoiro contaremos con Alba Aguete Cajiao, profesora axudante doutora da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Salamanca e colaboradora do ILG, quen nos falará do seu labor investigador e docente desde a súa perspectiva como muller.
-
Iniciación á Estatística para Lingüistas
03/19/25Este curso de iniciación ás técnicas estatísticas componse dunha parte teórica e dunha parte práctica que serán impartidas respectivamente por Rosa Crujeiras, da Universidade de Santiago de Compostela, e por Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca e colaboradora do noso centro, os días 19, 20, 24, 25 e 26 de marzo na sede do Instituto
-
Ramón Mariño e José António Souto Cabo presentan o seu novo libro
03/13/25O 13 de marzo vai ter lugar a presentación do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, de Ramón Mariño e José António Souto Cabo, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. -
Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía
02/25/25Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.
-
O dicionario 'Nomes galegos das aves de Galicia e España' dispoñible en liña
02/25/25O novo dicionario no que colaboran os membros do ILG Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina e María Dolores Sánchez Palomino está dispoñible na páxina web da Real Academia Galega.
-
'As cousas polo seu nome', novo web para restituír o teu apelido ó galego
02/25/25A investigadora do ILG Ana Boullón colabora nesta nova iniciativa da comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía da USC, que achega todos os pasos necesarios para adecuar os apelidos á súa forma galega orixinal.