Conferencia de Carlota de Benito Moreno

Data: 
Thursday, June 6, 2019 - 13:00
Imaxe: 

O xoves día 6 de xuño ás 13.00 horas, a profesora Carlota de Benito Moreno (Romanisches Seminar - Universidade de Zurich) impartiu na Sala de Conferencias do Instituto da Lingua Galega a conferencia "Las redes sociales como fuentes de datos para el estudio de la variación: ventajas y desventajas".

As redes sociais en liña poñen a disposición dos lingüistas grandes cantidades de texto escrito pertencente á esfera da inmediatez comunicativa, que ofrece, en consecuencia, interesantes datos para o estudo da variación lingüística. A partir do exemplo dalgúns estudos de caso, ofreceremos unha serie de reflexións metodolóxicas e teóricas cunha perspectiva crítica, que pondere tanto as vantexes deste tipo de datos como as súas dificultades e inconvenientes.

Carlota de Benito Moreno é profesora de lingüística iberorrománica na Universidade de Zúrich. Os seus intereses de investigación céntranse no estudo da variación e o cambio lingüísticos nas linguas románicas. É autora dun blog de divulgación sobre lingüística (Se me va de la lengua).