Conferencia de Ramón Lorenzo

Data: 
Monday, September 23, 2024 - 12:00
Imaxe: 
O próximo 23 de setembro, ás 12.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía a conferencia do investigador do ILG e exdecano da facultade Ramón Lorenzo Vázquez, que estará acompañado polas tamén investigadoras do noso centro Dolores Vilavedra e Ana Boullón. 
Esta é a primeira dun ciclo de oito conferencias a cargo de exdecanas e exdecanos da Facultade de Filoloxía, que se encadra nos actos de conmemoración do 50.º aniversario en que se pretende reflexionar sobre o papel fundamental desta institución no devir histórico da universidade compostelá.