Congreso Internacional Identidade e Xénero en Galicia

Data: 
Wednesday, May 11, 2016 - 13:15
Imaxe: 

Do 9 ao 11 de maio tivo lugar na Universidade de Varsovia (Polonia) o Congreso Internacional Identidade e Xénero en Galiciaorganizado polo Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia. ​O profesor e membro do ILG Henrique Monteagudo formou parte do comité científico do congreso.

Neste encontro participaron as seguintes investigadoras do ILG: 

  • Alba Aguete Cajiao: "'A miña lingua materna, en principio, era o castelán.' Revisión crítica das categorías de falantes en galego"

  • Elisa Fernández Rei: "Lingua e identidade: paleofalantes vs. neofalantes"

  • Noemi Basanta Llanes: "Que máis tería que fósemos ó folión?: resignificación social e emerxencia discursiva de identidades femininas"