Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
Tuesday, January 15, 2019 - 15:45
Imaxe: 

Resolución 1/2019, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

Convócanse dous contratos de seis meses de duración a tempo parcial no ILG, un para o tratamento de datos lexicográficos dialectais e outro para o tratamento de datos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica. O prazo para presentar solicitudes esténdese desde o día 15 ata o 21 de xaneiro. A información figura en https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/2409_gl.pdf.