Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
Friday, November 19, 2021 - 12:15

Convócanse dous contratos de investigación no ILG a tempo parcial (50% de dedicación). O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro.

As funcións a realizar son as seguintes:

- Proxecto Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX. Análise da fala rural a partir de materiais xeolingüísticos: apoio na análise, clasificación e selección da información léxica dos materiais galegos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (6 meses de duración).

- Proxecto Toponimia de Galicia e Portugal: análise, estudo e introdución de datos nas fichas toponímicas da web do proxecto. Compilación de datos históricos nos recursos TMILGa, CODOLGa, webs do ACS, AHUS e outros, incluídas fontes bibliográficas (6,5 meses de duración).