'As cousas polo seu nome', novo web para restituír o teu apelido ó galego
Data:
Tuesday, February 25, 2025 - 13:15
Imaxe:

A comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía, da que forma parte a investigadora do ILG Ana Boullón, crea o web As cousas polo seu nome co obxectivo de achegar toda a información necesaria para restituír os apelidos á súa forma galega correcta.
Desde esta páxina pódese acceder ao buscador creado pola Real Academia Galega, que recolle os 6.000 nomes de familia máis frecuentes de Galicia, para poder comprobar se un apelido é galego e como se escribe correctamente. Tamén amosan os catro pasos necesarios que calquera persoa inscrita no rexistro civil debe dar para solicitar a adecuación dos seus apelidos á súa forma galega orixinal. Ademais, ofrece testemuños en vídeo de persoas que xa restituíron o seu apelido para animar a máis xente a que o faga.
Ligazóns: