Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
News
-   
          XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social10/23/25
-   
          Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA10/15/25A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC. 
-   
          Curso formativo sobre o sistema LATEX no ILG10/07/25O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez. 
-   
          Visita e café con Celineide dos Santos10/07/25O martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG. 
-   
          Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'09/18/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics. 
-   
          A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega09/17/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés. 
-   
          Presentación da primeira gramática do galego para checofalantes09/16/25O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas. 
-   
          Número especial da revista Languages sobre lingüística galega08/06/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega. 
-   
          Oferta de emprego no Proxecto Nós07/25/25Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós, que procura profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025. 
-   
          Nova publicación sobre a poesía popular oral co gallo das Letras Galegas06/25/25A investigadora do ILG Ana Boullón edita e coordina o volume Canta ti, cantarei eu. A poesía popular oral, publicado por Edicións USC, co gallo do Día das Letras Galegas. Nel poden lerse os traballos dos membros do noso centro Antón Santamarina e María Álvarez de la Granja. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  











