ELG sobe para Q3 no Scimago Journal & Country Rank

Data: 
Friday, May 5, 2023 - 16:15
Imaxe: 
SCImago Research Group acaba de publicar os indicadores SCImago Journal Rank (SJR) correspondentes a 2022. A revista Estudos de Lingüística Galega, que figura na categoría Lingüística e linguaxe, subiu para o cuartil Q3. 
 
SCImago Journal & Country Rank ofrece de maneira pública os indicadores de avaliación de revistas científicas de distintos países. Os datos para as cualificacións están tomados da base de datos Scopus®, que contén máis de trinta mil referencias. Os indicadores do SJR utilízanse para avaliar e analizar as publicacións científicas periódicas en distintos dominios científicos.