Elisa Fernández Rei participa nunha mesa redonda sobre CLARIAH

Data: 
Monday, October 7, 2024 - 11:00
Imaxe: 

Elisa Fernández Rei participa o 7 de outubro, ás 11:00 h, na mesa redonda CLARIAH-ES: Impulsando las Humanidades Digitales en España, en que a directora do ILG representa o nodo galego da rede. Fernández Rei estará acompañada de Begoña Altuna, do HiTZ zentroa da Euskal Erriko Unibertsitatea; Isabel Cabrera, do grupo NLP_SINAI da Universidade de Xaén; Patricia García Sánchez-Migallón, da Universidade Complutense de Madrid; Ana García Serrano, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), e Maite Melero, do Centro Nacional de Supercomputación de Barcelona. Maite Martín, da Universidade de Xaén, será a moderadora da mesa en que se falará sobre os nodos galego, vasco, andaluz, madrileño, da UNED e o catalán.

Este evento está organizado por DiverTles (Diversidad en Tecnologías del Lenguaje en España), que é unha comunidade de mulleres que traballan e investigan en Tecnoloxías da Linguaxe (TL) en España para fomentar as vocacións científicas nesta área da Intelixencia Artificial. Esta comunidade xorde como unha iniciativa máis da Rede Temática de Excelencia PLNnet financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

A inscrición é de balde, pero é necesario encher o formulario para recibir os datos para a conexión.