Eva Domínguez Noya e Vítor Míguez en tehcLING2021-UVigo-T&P

Data: 
Friday, December 17, 2021 - 12:00
Imaxe: 

Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez Rego, investigadores do ILG, participan o 17 de decembro, ás 12 h, en tehcLING2021-UVigo-T&P. VI Congreso internacional en lingua, lingüística e tecnoloxía. Presentan o póster "A nomenclatura científica trinomial no Corpus de Referencia do Galego Actual: unha proposta de análise extensible a outros corpus e linguas". Este evento científico internacional, realizado integramente en rede, está dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico; a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, polo outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas.