Gonzalo Hermo, Premio da Crítica 2014
Data:
Thursday, April 23, 2015 - 16:45
Imaxe:
A Asociación Española de Críticos Literarios concedeulle recentemente ao investigador predoutoral do ILG Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) o seu galardón na modalidade de poesía en galego polo seu poemario Celebración.
O xurado do premio destacou «o contexto pletórico de carnalidade» da obra, centrada nos efectos do paso do tempo e na que se reivindica a necesidade de «crear algo novo dende as ruínas existentes».
Celebración, editado por Apiario, é o segundo libro de poemas de Gonzalo Hermo, quen en 2011 publicou Crac en Edicións Barbantesa.